Formación

Novas sobre formación no eido das TIC e para emprendedores

Xornada sobre a análise e solucións de virtualización no CDTIC

13 junio, 2012
By
Xornada sobre a análise e solucións de virtualización no CDTIC

Mañá o Centro Demostrador TIC acollerá unha xornada a cargo da empresa Bull sobre a análise e solucións de virtualización. A sesión está dirixida aos responsables da área TIC daquelas empresas galegas que dispoñan un CPD ou teñan prevista a súa instalación. A asistencia é de balde, condicionada ao aforo do local e previa...

Read more »

Presentación do Mestrado Universitario en Enxeñería Informática

12 junio, 2012
By

O Mestrado Universitario en Enxeñería Informática será presentado o próximo xoves, 21 de xuño de 2012, ás 18:00 hh no Aula de Graos da Facultade de Informática (andar 2) da Unviersidade de A Coruña.

Read more »

Curso de Especialización en Dispositivos Móviles

Curso de Especialización en Dispositivos Móviles

Hoxe en día é innegable o crecemento que tiveron as tecnoloxías dos dispositivos móbiles nos últimos anos, por iso, ante a gran necesidade de profesionais formados nestas técnicas, A Universidade da Coruña, xunto con Informática 64, organizan un Curso Profesional en Dispositivos Móbiles. As accións formativas terán lugar os días 20, 21 e 22...

Read more »

Igaciencia organiza a comezos de xullo a primeira edición dun congreso sobre software libre e ciencia

5 junio, 2012
By
Igaciencia organiza a comezos de xullo a primeira edición dun congreso sobre software libre e ciencia

O edificio do CEI-Nodus de Lugo, sede das actividadesO CEI-Nodus de Lugo vai dar acubillo a unha iniciativa que cingue mundos que se enriquecen e nos enriquecen. Cuestións como programación aberta, computación, investigación ou innovación, xuntas e sacando en compañía o mellor de si mesmas, van ser o alicerce da primeira edición dun evento...

Read more »

A Fundación CEL pon en marcha un seminario para apoiar o desenvolvemento de 23 proxectos innovadores

4 junio, 2012
By

A Fundación CEL deu comezo este luns a un seminario dirixido a favorecer entre os nosos emprendedores potenciais o chimpo definitivo aos novos escenarios de mercado. Nesta actividade sobre (e para) a creación de empresas, avaliaranse e apoiaranse (con labores de asesoramento) até 23 proxectos promovidos dende todo o ámbito da provincia de Lugo, todos eles en maior...

Read more »

Unión Profesional de Galicia organiza un Seminario sobre a proba pericial

Unión Profesional de Galicia organiza un Seminario sobre a proba pericial

Unión Profesional de Galicia organiza o próximo 7 de xuño en Santiago de Compostela un Seminario sobre a proba pericial. A asociación cita aos profesionais da pericia xudicial a un encontro onde se analizarán aspectos técnicos e xurídicos sobre a proba pericial cando son necesarios coñecementos científicos, técnicos, artísticos ou prácticos para valorar feitos...

Read more »

ObradoiroBOT: xogos cun robot móbil guiado por intelixencia artificial

29 mayo, 2012
By
ObradoiroBOT: xogos cun robot móbil guiado por intelixencia artificial

A primeira edición desta actividade terá lugar no IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) o vindeiro venres 1 de xuño entre as 9:30h e as 11:30h, e vai dirixida a estudantes do Centro de 4º ESO que están a cursar a materia “Tecnoloxía”, así coma a estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

Read more »

O gran potencial do software libre para facer negocio, ao detalle na sede de FEUGA

25 mayo, 2012
By
O gran potencial do software libre para facer negocio, ao detalle na sede de FEUGA

A sede de FEUGA en Santiago (Campus Sur) vai dar acubillo a semana vindeira a unha actividade formativa potencialmente vantaxosa para todos aqueles usuarios galegos de programación aberta que queiran darlle unha saída de negocio ao seu compromiso a prol da supresión de barreiras TIC. Trátase do curso Oportunidades de negocio baseadas en software...

Read more »

Xornada de boas prácticas en torno ás novas tecnoloxías no CDTIC

24 mayo, 2012
By
Xornada de boas prácticas en torno ás novas tecnoloxías no CDTIC

O vindeiro 31 de maio, o Centro Demostrador TIC de Galicia vai facer balance do que dou de si o seu primeiro ano de funcionamento dando conta de tódalas solucións tecnolóxicas que ían aparecendo no mercado, e farao no marco dunha Xornada de Boas prácticas, Oportunidades e Estratexias para crecer coas TIC. Esta xornada,...

Read more »

A Fundación CEL presenta cursos TIC e de xestión para persoas desempregadas

24 mayo, 2012
By
A Fundación CEL presenta cursos TIC e de xestión para persoas desempregadas

Actividade formativa da Fundación CEL e a Consellería de Economía / Foto: El ProgresoA Fundación CEL de Lugo vén de presentar unha serie de actividades formativas orientadas a fortalecer o coñecemento profesional das persoas empregadas da cidade galega e a súa contorna. Entre a longa serie de cursos inclúese unha actividade directamente encamiñada a...

Read more »